Era este un proxecto do EDL dende hai tempo que por fin este curso se puido
realizar co IES As Bizocas d’O Grove, ao que damos as grazas xa pola fantástica
xornada que nos prepararon.
Logo do intercambio de cartas e materiais entre o alumnado, que serviu para crear unha enorme
expectación, na mañá de onte, 17 de abril, chegamos ao Grove e fomos recibidos no
centro cunha grande pancarta..
Tralas palabras de benvida da directora e as presentacións en persoa do alumnado, coas que
pasamos un bo anaco, iniciamos un percorrido por distintos puntos da vila guiados por un cicerone excepcional, o
profesor Pepe García. Para comezar,demos un pequeno paseo pola Toxa e visitamos
a aldea dos Grobits e os literarios burros da illa (Emilia, Pardo, Bazán e…); a
continuación, fomos en bus ata Porto Meloxo e fixemos unha pequena camiñada ata
as salgadeiras As Moreiras, onde un guía nos ilustrou sobre distintos aspectos
desta antiga técnica de conservación do peixe. Como aínda quedaban folgos,
subimos á Siradella, e gozamos das fermosas vistas que ofrecen os miradoiros.
Xa para rematar, comemos no centro da vila e levamos aos compañeiros do Grove
ata o seu centro, onde os despedimos para volver a Lousame; antes, claro, aínda
paramos na fermosa Praia da Lanzada.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos, profes e alumnos, tanto
no seu aspecto social como cultural e, por suposto, lingüístico, porque toda a
actividade se realizou na nosa lingua.
O 30 de maio devolverannos a visita. Xa nos tarda!!
Intercambio Grove_presentacións on PhotoPeach
Intercambio O Grove_Salgadeiras As Moreiras on PhotoPeach
Intercambio O Grove_Toxa,Porto Meloxo e A Siradella on PhotoPeach
Sem comentários:
Enviar um comentário