E case sen decatarnos, o curso chegou á súa fin. Despedímonos até breve coa imaxe do noso taboleiro, preparado tamén para o descanso. Non fai falla dicir máis. Boas vacacións a todos!!
BLOG DA SILVA
Blog de lingua do CPI Cernadas de Castro. Lousame
21/06/18
FELIZ VERÁN A TOD@S!!
E case sen decatarnos, o curso chegou á súa fin. Despedímonos até breve coa imaxe do noso taboleiro, preparado tamén para o descanso. Non fai falla dicir máis. Boas vacacións a todos!!
29/05/18
INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO_CULTURAL II
E por fin o 28 de maio os alumnos e alumnas do IES As Bizocas (O Grove), acompañados dos seus profesores, devolvéronnos a visita e viñeron a Lousame.
Logo de recibilos cun pequeno ágape e de escoitaren a benvida da nosa directora, dirixímonos ata as Minas de San Finx. Alí, Maite Sobradelo exerceu de guía explicándonos a historia das minas ata hoxe e amosándonos o Museo e a súa contorna.
A continuación, realizamos unha visita guiada polo Concello de Noia e o seu casco antigo e, para rematar, fomos visitar Castro Baroña, onde puidemos comer, facer algúns xogos e descansar antes de iniciar a viaxe de regreso ao colexio.
E alí chegou a hora das despedidas e da promesa de non perder o contacto. Foi unha experiencia fantástica que en cursos vindeiros habería que repetir. Deixámosvos algunhas fotos para a lembranza.
INTERCAMBIO O GROVE II_MINAS,NOIA on PhotoPeach
INTERCAMBIO O GROVE II_BAROÑA, DESPEDIDA on PhotoPeach
INTERCAMBIO O GROVE II_BAROÑA, DESPEDIDA on PhotoPeach
27/05/18
Anagnórise no teatro
O 22 de maio, os alumnos e alumnas de 4º ESO fomos ata Porto do Son para ver a versión teatral de Anagnórise, representada por Limiar teatro. Estas son algunhas imaxes para o recordo.
16/05/18
ANÁGNORISE. A BANDA DA LOBA
Compartimos o vídeoclip co que o grupo A banda da loba homenaxeou a María Victoria Moreno e a súa obra Anagnórise. Esperamos que vos guste.
Feliz Día das letras 2018!!
Non deixedes de visitar a exposición que con motivo desta efeméride se dispuxo no corredor central do centro; ademais de lembrar aos homenaxeados ata agora, e saber máis sobre a figura de María Victoria Moreno, poderedes ver unha exposición de poemas do alumnado, realizar distintos xogos e pasatempos e mesmo facer unha foto coa súa imaxe.
E lembrade que "Día das letras" han de ser todos os do ano!!
13/05/18
III Mercado Tradicional
Estas son algunhas das imaxes do día; poderedes ver máis en breve na galería da nosa web.
08/05/18
MERCADO TRADICIONAL
20/04/18
MATERIAIS LETRAS GALEGAS 2018
Vaise achegando o Día do libro e o mes das nosas letras que, como podedes ver nos taboleiros do centro e no programa de actividades extraescolares, celebraremos con moitas actuacións.
Como cada ano, o Seminario Galán achéganos moitas propostas e materiais para celebrar o Día das letras que queremos compartir con tod@s vós. Para acceder a eles, clicade na imaxe.
18/04/18
INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL-I
Era este un proxecto do EDL dende hai tempo que por fin este curso se puido
realizar co IES As Bizocas d’O Grove, ao que damos as grazas xa pola fantástica
xornada que nos prepararon.
Logo do intercambio de cartas e materiais entre o alumnado, que serviu para crear unha enorme
expectación, na mañá de onte, 17 de abril, chegamos ao Grove e fomos recibidos no
centro cunha grande pancarta..

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos, profes e alumnos, tanto
no seu aspecto social como cultural e, por suposto, lingüístico, porque toda a
actividade se realizou na nosa lingua.
O 30 de maio devolverannos a visita. Xa nos tarda!!
Intercambio O Grove_Salgadeiras As Moreiras on PhotoPeach
Intercambio O Grove_Toxa,Porto Meloxo e A Siradella on PhotoPeach
04/04/18
Subscrever:
Mensagens (Atom)