EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

29/10/16

CABAZAS E TÚNEL DO TERROR



Como non podía ser doutro xeito, os corredores e aulas do noso centro estiveron toda a semana decoradas con motivos do Samaín. Bruxas subidas na súa vasoira, multitude de ratos, pantasmas, arañas e morcegos invadiron o CPI e acompañáronos mentres aprendiamos Matemáticas, Lingua, Sociais...
Pero a novidade máis novidosa foi o túnel do terror. Todo primaria e Infantil gozou durante a tarde do xoves do noso novo túnel; nel adentráronse rapaces e rapazas para poder ver que era o que os agardaba dentro. Ao final non pasaron tanto medo e iso que a música era aterradora e ata había unha bruxa malvada. Mirade o vídeo e poderedes observar o resultado.
Se queredes ver todas as fotos dos máis pequechos e tamén os gañadores do concurso de cabazas, clicade AQUÍ e iredes directamente á galería.




GAÑADORES DO CONCURSO DE CABAZAS:

INFANTIL: Elena Pérez
1º CICLO: Rubén Lago
2º CICLO: Darío Lema
3º CICLO: Alicia Graciano







1 comentário:

  1. Noraboa polo traballo feito!Que sorte teñen estes nenos con estes profes e profas!

    ResponderEliminar