18/10/16

XA CHEGA O SAMAÍN





“Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas. Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu interior unha candea que escintile pola noite. Os celtas tiñan un grande respecto polos mortos”            
                                                                                                                                     Vieiros na escola.


Estimadas familias:

O samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. É unha tradición de orixe europea levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun entroido outonal. Un ano máis, queremos tentar volver conmemorar esta data no noso centro, razón pola cal convidámosvos a colaborar na celebración do citado Samaín. Dende o EDLG, propoñemos a participación por parte do alumnado nesta actividade a favor do desenvolvemento da nosa cultura. Para iso, contamos convosco para o concurso de elaboración de cabazas.

Cada neno/a que desexe participar, terá que traer unha cabaza disfrazada empregando para iso a imaxinación e a orixinalidade. Poderán empregar tamén calquera dos produtos do outono (espigas, ourizos…).

As cabazas situaranse por diferentes zonas do centro dependendo da etapa ou ciclo ao que pertenzan. As máis orixinais (votadas polo propio alumnado) serán premiadas cun pequeno agasallo, e exporanse na mesa do corredor principal. Tamén aparecerá unha foto dos gañadores, xunto coas súas cabazas, neste mesmo blog (dende esta páxina haberá un enlace á páxina web do centro para poder ver as fotos).


O día de entrega das cabazas será soamente o luns 24 de outubro e recolleranse o xoves día 27 de outubro para levalas de volta para as casas. 

Entregaránselle ao propio titor/a.


Para quen queira da comunidade educativa traballar cos nenos e nenas arredor do Samaín, no seguinte enlace habedes atopar material abondo.

Sem comentários:

Enviar um comentário