26/10/12

Regueifas

Como sabedes, o 5 de novembro visitarannos Pinto D'Herbón e Luís O Caruncho para impartir un obradoiro de regueifas. En 3º ESO, aproveitando o tema da literatura popular, puxémonos a regueifar. Aquí tedes o resultado:
 Álex di que é un deus,
Nin sequera o cre el;
Como moito chegará
A ser merda miña e del.

Eu créome o que quero,
E ti non te poñas rufo,
Que nin eu son unha merda,
E menos desprendo tufo.
Eu non desprendo tufo
E boto desodorante;
Os que te cheiran a ti,
Teñen que tomar calmantes.

(Damián e Álex)

 
Ei, ti, rapasa,
Mira que eres corta:
Falas dos demais
E sen pechar sequera a porta.
Mirade esta rapaza,
Esta rapariga,
Que se cre das mellores
Sen ter ninguna amiga.
Mira a carneira
Como galopa:
Salta tan alto
Que parece unha pelota!!

Ei, guapiña,
Eu serei unha pelota,
Pero ti rapeando
Pareces unha idiota.
Que dis, mulleriña?
Eu xa sei o que che gusta,
Se te me pos chula,
Pégoche cunha fusta.

Ai, Lauriña,
Gústache montar,
pero córtate un pouco,
que che vou arrear!                       (Inés e Laura)


Matáchesme o can,
pilláchelo en frente,
pero anda con xeito:
se te atopo quedas quente.

Sei que mo perdoarás,
non te fagas a dura,
porque vas de sobrada
pero aquí báixaslle unha.

Non cho perdoo, non,
xa o sabes ti de sobra;
se tes o que hai que ter,
Repítemo fóra.

Pero ti que dis de fóra?
Menuda meniña!
Estate calada
ou pícache a paxariña?

Lara e Isabel
 
Veña, piquemos ao Iván,
Vas ver o graffiti ,
Que fixen co spray,
Está preto da túa casa,
Só por picar,
Quedoume todo guai,
Vas flipar!!

Saín da casa,
O que non debín faser,
Unha perda de tempo,
Vaite paser!
Cando te vexo,
 Melyssa, Melyssa,
Moito me descojono
Da túa absurda risa.

Vai de chulo o pavo este,
crese un líder moi guay
báixalle unha, amigo,
que só es un paspán,
metinme contigo
porque ladras coma un can.

Iván-Melyssa


 
Ai, Paula, Paula,
ti es moi maleducada
e din por aí
que só fas porcalladas.

Pois ti, Manolo,
Moito dis que estás cachondo,
Pero non vaias ao río,
Que vas para o fondo.

Ai, que leria ten a nena!
Estate xa calada,
Que a xente non che fai caso,
Nin che falan de nada.

Manoliño, Manoliño,
Mira ti quen foi falar,
O que non corta o pelo
Porque así pode afogar.

Cala, nena, ti que dis?
Que non sei nadar?
Pois dáme 5 euros
Que che ensino a rapear.
Douche 5 euros
E o que eu queira,
Pero vai cortar o pelo,
Porque mira que che cheira.
(Paula Correa e Manuel Ces)

O meu compañeiro é Víctor
Branco e con graniños,
Parece un moniño,
Cheo de peliños.

Compañeiro me chamas?,
Que dis, pijasa?
Chamas amigas
Ás rapazas que toman leite en taza?

Amansa, amigo, amansa,
Insúltote se me sae da parranda,
Pero fágoo máis tarde,
Que vou comer unha churrascada.

Somos corzos, ou?
Ti que dis da parranda,
se me dixo o Nolo
Que a máis grande é a de Fernanda?

Non me insultes, Leonor,
Non me insultes, rapariga,
Porque vas ter pouca sorte
E ráñote cunha ortiga

Víctor- Leonor



Sem comentários:

Enviar um comentário