30/10/12

O APÓSTOLO

E por fin chega aos cines O apóstolo, a primeira película en animación stop-motion estereoscópica feita en Europa.. Máis de 200 profesionais participaron nesta película, entre eles especialistas en capturar 3D, e animadores modelmakers de todo o mundo, con experiencia en producións como "Coraline", "A Noiva Cadáver " ou a triloxía" O Señor dos Aneis ".
A películta conta un conto sombrío de misterio situado no Camiño de Santiago, no que se mestura humor, suspense e fantasía. O protagonista, un prisioneiro que recentemente escapou da prisión, verase envolto en acontecementos estraños e perturbadores ao intentar recuperar un botín que anos atrás fora escondido nunha aldea remota nesta ruta. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, un cura peculiar, e o mesmo Arcipreste de Santiago aparecen xuntos nunha trama de misterio e intriga que levará ao protagonista a  afrontar unha condena máis dura có cárcere do que fuxiu.

O filme viuse xa nos festivais de Málaga, Annency ou  na edición deste ano do Festival de Sitges e conta cunha ampla nómina de galegos, entre eles o seu director, Fernando Cortizo, e os actores Carlos Blanco, Isabel Blanco, Francisco Oliveira Pico...

Unha boa proposta para esta fin de semana longa de Samaín. Para que vos animedes, deixámosvos o tráiler. Picade na imaxe e que vos guste!!
 

Sem comentários:

Enviar um comentário