EDL

EDL

22/10/12

As voces baixas

Quen son as voces baixas? Son as criaturas,
os nenos e nenas, as mulleres que falan soas,
os mortos, os animais... 
Así se presenta a última novela de Rivas, seica "unha novela da vida para rir e chorar", un libro no que se mesturan a memoria persoal do autor e a memoria colectiva da Galicia da súa infancia.
O primeiro acto de presentación tivo lugar o 17 de outubro na Coruña, segundo di a prensa, diante dun público numeroso e atentísimo.
Agora que comeza o tempo de chuvia, frío, chimeneas é un bo momento para ler... así que animádevos!

Sem comentários:

Enviar um comentário