10/02/12

Entroido 2012

Parece que volvemos onte do nadal e xa estamos no Entroido. Este curso, o Claustro decidiu non celebrar o festival como  protesta ante as medidas adoptadas pola Consellería de Educación. Sabemos que os pais nos entenden e nos apoian nas nosas reivindicacións en defensa dun ensino público de calidade para os seus fillos.
Portas adentro, como actividade/contido de aula xa levamos uns días traballando, e esta semana seguiremos as indicacións do Meco (este ano Meca) para disfrazarnos cada día: 

Este luns que non che esqueza,
Trae algo na cabeza.

 Martes ven con anteollos,
Que verás ata os piollos.

Dá igual pares ou impares,
pero mércores pon moitos colares.

 Xoves vimos elegantes,
 Traemos os pés rechamantes.

5 comentários:

  1. Moi boa idea esto da meca amín pareceme xenial ajajaj porque asi ves o ambiente distinto e con alegria.Vese que a xente disfruta do carnaba.

    ResponderEliminar
  2. Como nai do CPI Cernadas de Castro, síntome moi orgullosa de que loitedes polos dereitos dos nosos fillos e das xeracións vindeiras.Creo que todos,pais,nais e asociacións, deberiamos parar a pensar no importante labor que estades levando a cabo e, por outra parte, na importancia de termos un ensino público para todos e de todos, pero iso si, de calidade.
    Bo entroido.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu penso o mesmo que vostede.Este colexio sempre fixo cousas
      importantes por nos,os alumnos.

      Eliminar
  3. Moi ben pola meca, tomarei nota e para o seguinte ano, quizais haxa unha meca noutros colexios.De seguro que os pais e nais están con vós, pola loita dun ensino público, e apoiaranvos ainda que non fagades nada de portas abertas.Moito ánimo a seguir traballando asi.

    ResponderEliminar
  4. A pesar de que non houbera festival paseino moi ben.Esto da meca e moi divertido!!!!!Sabemos que se non houbo festival foi polo ben do colexio e polo ben de todos os alumnos.ENHORABOA

    ResponderEliminar