EDL

EDL

17/02/12

RETALLOS DE AMOR



Sentino subir polas miñas costas, coma un trasno gabeando por unha árbore. Chegou á altura da miña orella e rumoreoume dúas palabras que percorreron o meu corpo de abaixo para arriba. Despois diso dobrei a cabeza e vin unha muller loura e esvelta. Dirixíndome a ela, púxenlle as mans nas costas; sorriu, os seus beizos eran tan naturais e tan suaves coma unha brisa dunha noite de verán, despois deuse a volta e camiñou ata a porta. Cando chegou, xirou a cabeza mirándome de novo; o meu corpo sentiu un calafrío; volveu xirar a cabeza e foise. A súa figura esvelta facíase cada vez máis pequena ata desaparecer ao lonxe. Desde ese momento, só desexo volver vela.

Alberto Castiñeira, 3º B.




O seu desexo era evidente. Cando se cruzaban os seus corazóns palpitaban máis rápido do normal, o seu sangue corría lixeiro polas veas, con présa. Cando se rozaban as bolboretas das súas tripas voaban apresuradas agardando algo máis que un sinxelo rozamento. Fuxían o un do outro por medo a un posible rexeitamento, pero non, os dous sentían o mesmo. Os dou desexaban por igual. Os dous se necesitaban para unha completa felicidade.
            Unha festa, un baile, un abrazo, as meixelas dun e as meixelas do outro vermellas pola aceleración do seu sangue. Un xogo de maiores, ou talvez, de non tan maiores. Dúas linguas bailaban entrelazadas, primeiro lento, logo con máis rapidez. Dúas peles en continuo contacto. Dous corpos, un dentro do outro formando un único ser unido polo desexo e o amor que ambos sentían. Algo que non se explica, que simplemente se sente. Un recordo, miles de sensacións.

María Eiras, 3º A.


O RESTO DOS RELATOS PODÉDELOS VER NA PÁXINA DO CENTRO. ASEGÚROVOS QUE VALE A PENA IR LELOS.


2 comentários:

  1. Dúas moscas non fan verán!! Malia que de cando en vez esta bitácora nos dea algún desgusto, son moitas máis as satisfaccións, porque cada vez colaborades máis e con magníficas achegas. Grazas aos dous por compartirdes con nós estes deliciosos retallos de amor.

    ResponderEliminar
  2. Alberto Castiñeira noraboa.Vese que cando queres podes expresar os teus sentimentos que nos chegan ao fondo do corazon.

    ResponderEliminar