Parece que volvemos onte do nadal e xa
estamos no Entroido. Este curso, o Claustro decidiu non celebrar o
festival como protesta ante as medidas adoptadas pola Consellería de
Educación. Sabemos que os pais nos entenden e nos apoian nas nosas
reivindicacións en defensa dun ensino público de calidade para os seus
fillos.
Portas adentro, como actividade/contido
de aula xa levamos uns días traballando, e esta semana seguiremos as
indicacións do Meco (este ano Meca) para disfrazarnos cada día:
Este luns que non che esqueza,
Trae algo na cabeza.
Martes ven con anteollos,
Que verás ata os piollos.
Dá igual pares ou impares,
pero mércores pon moitos colares.
Xoves vimos elegantes,
Traemos os pés rechamantes.
Moi boa idea esto da meca amín pareceme xenial ajajaj porque asi ves o ambiente distinto e con alegria.Vese que a xente disfruta do carnaba.
ResponderEliminarComo nai do CPI Cernadas de Castro, síntome moi orgullosa de que loitedes polos dereitos dos nosos fillos e das xeracións vindeiras.Creo que todos,pais,nais e asociacións, deberiamos parar a pensar no importante labor que estades levando a cabo e, por outra parte, na importancia de termos un ensino público para todos e de todos, pero iso si, de calidade.
ResponderEliminarBo entroido.
Eu penso o mesmo que vostede.Este colexio sempre fixo cousas
Eliminarimportantes por nos,os alumnos.
Moi ben pola meca, tomarei nota e para o seguinte ano, quizais haxa unha meca noutros colexios.De seguro que os pais e nais están con vós, pola loita dun ensino público, e apoiaranvos ainda que non fagades nada de portas abertas.Moito ánimo a seguir traballando asi.
ResponderEliminarA pesar de que non houbera festival paseino moi ben.Esto da meca e moi divertido!!!!!Sabemos que se non houbo festival foi polo ben do colexio e polo ben de todos os alumnos.ENHORABOA
ResponderEliminar