03/11/11

Premios da cultura galega 2011

Son os galardóns máis destacados da cultura galega. Creados polo bipartido, modificados (perderon a etiqueta de nacionais máis a dotación económica, así como reduciron o número de premios) polo actual goberno recoñecen os mellores creadores do país. Nesta ocasión, os gañadores son Arcadio López Casanova na categoría de Letras, Manolo Paz en Artes Plásticas, Quico Cadaval en Artes Escénicas, a Fundación ‘Aquae Querquennae’ na de Patrimonio Cultural, Carlos Núñez en Promoción Cultural de Galicia, Rogelio Groba en Música e María Pujalte en Creación Audiovisual.

Noraboa aos galardoados!! E para celebralo, botade unhas risas cun monólogo de Cadaval sobre o coruño:

Sem comentários:

Enviar um comentário