Mañá, 4 de novembro celébrase o II Día da ciencia en galego, este ano dedicado á química porque a Unesco declarou o 2011 o Ano internacional da Química. Estará dedicado, ademais, a mulleres científicas como Marie Curie ou a matemática coruñesa María Wonenburger. Haberá multitude de actividades espalladas por toda Galicia. Para saberdes máis e atopar recursos ou ideas:
Día ciencia en galego
Estades en todo!Noraboa!Efectivamente este ano está adicado a Marie Curie e a María Wonenburguer, galeguiña que vive en Oleiros e traballou moitos anos en USA. Gustaríame ter máis tempo para poder ler e comentar o voso blog!!! Susi
ResponderEliminar