03/11/11

Mitoloxía de Galiza


Víctor Vaqueiro vén de publicar en Galaxia Mitoloxía de Galiza, un libro que amplía considerablemente a Guía de Galiza máxica que aparecera en 1998 e que se presenta agora en forma de dicionario: entre o abantuxo (mal de aire provocado polo sangue menstrual) e o zarronco (un ser cuxa misión é meter medo aos pequenos) conviven meigas e mouros, santos e magos, animais de lenda ou dos montes e pedras e fontes marabillosas.
Unha nova obra que, en breve, tentaremos ter na nosa biblioteca. Animádevos a traballar con ela, difundide a nosa cultura, unha cultura que segundo Víctor Vaqueiro “aínda segue ás veces vixente na xente nova”. Ao noso alumnado gustaralle coñecer parte das supersticións galegas que, durante anos, escoitaron de mans dos seus avós e avoas.

1 comentário:

  1. Que agradable sorpresa, esta nova e a colaboración!! Somos un equipo.

    ResponderEliminar