26/10/11

SIMBAD, A PELÍCULA

As fantásticas historias recreadas por "Sinbad", saídas da imaxinación  dun dos nosos grandes escritores, Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981) chegan ao cine. Desde este venres día 28, seis salas de cine galegas estrearán a adaptación cinematográfica da novela "Si o vello Sinbad volvese ás illas" (1961). Onte, o Museo do Mar de Vigo acolleu a primeira exhibición desta longametraxe dirixida e guionizada por Antón Dobao.  Seguirá por salas de proxección de cidades e vilas de Galicia a través do AGADIC e incluso en festivais, e tamén se emitirá en televisión.
O personaxe de Simbad está interpretado por Manuel Oliveira "Pico", que xa o interpretara no teatro co Centro Dramático Galego. Ao seu lado, atopamos moitos dos nosos melloresactores e actrices galegos.
 Un bo plan para esta fin de semana longa

Antón Dobao e Pico durante a presentación

.

Sem comentários:

Enviar um comentário