Hoxe conmemórase o Día mundial da saúde mental;
"Deitado no sofá" é un microrrelato feito a partir dun texto de Conan
Doyle co queremos acordarnos hoxe de tódolos que padecen algunha enfermidade
mental.
"Estou deitado no sofá, ao pé da
cheminea na que estaba o lume. Teño unha copa na man dereita. Coa man esquerda,
caída descoidadamente, acariño a cabeza do meu can... até que descubro que non
teño can.
Levo todo o día aquí deitado, son as
seis da tarde e aínda non saín por fóra. Onte a esta hora veu
Xosé cun prato na man convidándome a merendar. Dende que cheguei vén tódolos
días á mesma hora; despois imos os dous camiñar un pouco polo xardín e ao solpor
volvemos para dentro. Chegamos ao cuarto, Xosé despídese de min e marcha.
Comézame a vir o sono e decido deitarme no sofá, ao pé da cheminea na que está
o lume. Collo a copa na man dereita, coa man esquerda, caída descoidadamente,
acariño a cabeza do meu can... até que descubro que non teño can.
Petan á
porta, Xosé vén coa cea. Ábrese a porta; non é el, é o seu compañeiro,
o que ten unha bata branca cunha tarxeta que pon "Dr. Paz,
psiquiatra"
Lucía Saavedra (4º B)
Como mola, Luci
ResponderEliminar