14/09/11

UN NOVO CURSO, ORGULLOSOS DO NOSO


 "Cando un escritor traballa o centro do mundo está no seu cuarto, calquera que sexa a lingua que empregue. Despois están as cuestións sociolóxicas. Se aquí lemos novela islandesa, un país cos habitantes de Vigo, ou a Murakami, que escribe en xaponés, tamén a nós nos poden ler fóra".

 Ola de novo. Xa pasou o verán e enfrontámonos a un novo curso. E queremos comezalo orgullosos do noso, da nosa lingua e de que Agustín Fernández Paz sexa un dos nosos escritores. Por iso comezamos con estas palabras súas, cheas de seguridade e orgullo do propio,  que aparecen publicadas hoxe nunha entrevista  que lle fan en La Voz de Galicia con motivo do  seu último premio: o Iberoamericano SM de Literatura Infantil.
 O dito, comezamos a traballar! Ánimo a todos !!

Sem comentários:

Enviar um comentário