13/10/11

A visibilidade da lingua nos medios

Hoxe, como fixo tantas veces cursos pasados,  un profesor do centro enviou un alumno seu buscar un xornal en galego para utilizar na aula. Cando se lle comunicou que non había xornais en galego, sorprendeuse: "Pero como?" Efectivamente, estaba acostumado a ver até o curso pasado entre a prensa da sala de profesores ou da biblioteca A Nosa Terra, Galicia Hoxe ou Xornal.  En cuestión de meses desapareceron  tres xornais; non só dos colexios, tamén dos quioscos, dos centros de saúde, das institucións, dos fogares... Dalgúns non queda nin a edición dixital; doutros si, pero non é o mesmo. A visibilidade da nosa lingua nos medios de comunicación é mínima, redúcese a intervencións individuais e persoais en medios escritos case integramente en castelán. Enriba, moitas destas intervencións son traducidas. ( El País)
O acontecido hoxe no noso centro, e quizais en moitos outros centros de Galicia, é un fracaso da política lingüística do noso país e non está dentro da normalidade. Ou si? Porque os equipos de normalización xa non existen, agora son só de dinamización...

É só unha reflexión persoal que quería compartir.

Concepción Leal


2 comentários:

  1. "Dalgúns non queda nin a edición dixital; doutros si, pero non é o mesmo". Claro que non. Agora pódese participar, difundir en todo o mundo, enviar noticias aínda que non sexas político ou banqueiro ou empresario, lelo en Sanghai ou en Wilmington e preguntarlle a teu irmán en Nogueira de Ramuín se é certo... Calquera tempo pasado foi anterior. E o papel ten pouco futuro, é doutro tempo.

    ResponderEliminar
  2. Podo estar de acordo contigo, Certo, pero o problema non é a dicotomía papel/dixital, senón a mínima presenza do galego nos medios de comunicación en xeral.
    Grazas por lernos.

    ResponderEliminar