14/06/11

PREMIOS XERAIS 2011

Estes son os flamantes gañadores dos Xerais 2011.
A Illa de San Simón acolleu o pasado sábado, como xa é tradicional, o acto de concesión dos premios Xerais 2011, uns premios de mar, wolframio e mitos:
  • Xavier Queipo, coa obra Extramunde foi o gañador do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros, na súa XXVIII edición.
  • Pola súa banda, Héctor Carré impúxose, con Febre, na V edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros.
  • Finalmente, foi Anxo Fariña o que levou outros 10.000 euros ao gañar a XXVI edición do Premio Merlín de Literatura Infantil con A chave da Atlántida.

Interésanos sobre todo Febre, pola súa proximidade temática e xeográfica a nós. Foi definida na tarde dos premios Xerais como unha obra «construída a partir dun narrador que encadra a historia para contarlle á súa neta adolescente uns acontecementos que viviu en primeira persoa». Refírese ao volframio como o «ouro negro» da época explicando que é unha «historia cunha acción trepidante, con personaxes rotundos e unha ambientación cinematográfica».
En canto saia, no outono, mercarémola para a nosa biblioteca e contamos lela no noso club de lectura. Un club de lectura co nome "Minas de San Finx" non pode obviar esta obra!!


Sem comentários:

Enviar um comentário