14/06/11

MÚSICA PARA O VERÁN



As nosas Uxías tráennos senllos discos para gozar no verán.
Dunha banda, quince temas que percorren o seu repertorio en directo, dos cales só un fora gravado previamente. Esta é a proposta que fa Uxía Senlle en Meu canto, o disco co que conmemora os seus 25 anos no mundo da música. Da man do selo Fol, o proxecto achega temas xa clásicos como O verdegaio, A rianxeira, O ramo verde ou o Alalá das mariñas. O disco foi gravado en Rio de Janeiro con produción de Jaime Além e conta con colaboracións de Sérgio Tannus e a voz de Lenine en Os teus ollos.
Doutra,Ugía Pedreira e Fred Martins presentan Acrobata. Trátase do primeiro traballo discográfico común que revisa a conexión galego-portuguesa-brasileira, e para o que contaron coa achega de numerosos colaboradores como Pedro Pascual. O disco chámase Acróbata, en homenaxe á ave do litoral de Baía que está en perigo de extinción.

Sem comentários:

Enviar um comentário