Era visto! A crise afecta tamén aos xornais e Galicia Hoxe non era rendible. Pero ademais o Goberno galego tampouco axuda nos tempos difíciles a xornais que lle son incómodos. As subvencións escasean e son para o periodismo servil, "os xornais amigos". Nin sequera se tivo en conta que con Galicia Hoxe desaparece o único medio impreso diario escrito integramente na nosa lingua propia; antes foron outros: A Peneira, A Nosa Terra, o portal Vieiros... Estes son os datos que ten en conta o secretario xeral de Política Lingüística cando afirmaba onte nunha entrevista que a situación do galego é moi positiva? Isto é o que chaman "bilingüísmo"?Unha mágoa e unha vergoña!!
Pero somos moitos os que seguiremos traballando pola defensa do idioma, porque se resistimos os séculos escuros.... malo será!!
Galicia Hoxe, Mañá e Sempre; e por suposto, en galego.
Sem comentários:
Enviar um comentário