18/01/11

Ti creas a historia











Así se chama o obradoiro que impartiu esta mañá o escritor e ilustrador Anxo Fariña dentro do programa Bocaberta, da Dirección Xeral de Política Lingüística. Falounos do proceso de creación dos Megatoxos, pois nós leramos a primeira entrega desta serie. O obradoiro pretende que nós lle acheguemos dende agora ata maio ideas sobre lugares, personaxes, elementos, etc..., cos que el fará un cómic. Aínda que non participarades neste obradoiro, se vos gustan os Megatoxos e queredes enviarlle algo ao autor, podedes facelo ao enderezo megatoxos@megatoxos.com.
Ao final da sesión asinounos o libro e aínda foi visitar aos compañeiros de 2º ESO, aos que lles deixou un debuxo de Faísca e lles asinou os seus libros.

A actividade gustounos moito e impresionounos a facilidade que ten para debuxar un personaxe cunhas poucas liñas. E a vós? Deixádenos a vosa opinión.

Sem comentários:

Enviar um comentário