14/01/11

Ás voltas co portugués







Onte, Valentim R. Fagim, profesor de portugués na EOI de Ourense, deunos un seminario de habilitación lectora en lingua portuguesa aos alumnos de 3º ESO. O obxectivo era aproveitar a proximidade (léxica, morfolóxica e sintáctica) das variantes lingüísticas galega e portuguesa para capacitarnos na habilidade lectora en lingua portuguesa.



Os contidos dividíronse en 4 bloques:

1) Aproximación á lingua e culturas lusófonas e proximidade co galego.
2) Estratexias de lectura “á galega” da norma ortográfica da lingua portuguesa. Concurso musical.
3) Léxico e falsos amigos e coñecemento básico de diferenzas morfo-sintáticas lusófonas.
4) Ferramentas útiles en lingua portuguesa. Aplicación, utilidades e perfeccionamento dos coñecementos adquiridos.

As 4 horas voaron, rímonos, divertímonos, aprendemos e démonos conta que a lingua galega pode ser unha ferramenta de comunicación a nivel internacional. Asemade, cun pequeno esforzo podemos adquirir outra nova lingua veciña: o portugués, a fin de contas non é tan diferente á nosa.
Opinade sobre as fotos que a seguir tedes e tamén sobre o obradoiro.

11 comentários:

  1. o obradoiro pareceume moi interesante,porque aprendemos e enseñaronos que para nos os galegos e mais facil aprender portugues

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito, sobre todo a canción que nos puxo para poñerlle as palabras que faltaban.
    A min gustuaríame ter varias clases á semana para desenvolverme algo no idioma.

    ResponderEliminar
  3. Estivo ben, porque nos ensinou que o portugues pode falalo calquera

    ResponderEliminar
  4. adrian sanchez romero18/1/11 15:53

    pareceume unha perdida de tempo a maior parte do tempo, asi como en outros momentos foi moi interesante e dibertido.
    As paxinas que nos dou foronme moi utiles sobre todo a dos xogos e s de musica.

    ResponderEliminar
  5. randy orton18/1/11 15:58

    foi moi devertido, xa que apredemos un idioma novo dunha maneira divertida.

    ResponderEliminar
  6. A min gustoume moito, e foi moi interesante e dibertido.
    Des pois desas catro horas deime de conta non e e nada dificil aprender a falr Portugués.

    ResponderEliminar
  7. Eu também o passei muito bem. Sodes um pouco barulhentos mas deu para comunicar.

    Eu gostaria que quando eu tinha a vossa idade houvesse alguém que me explicasse que o português estava ao meu alcance e que ser galego é uma vantagem.

    Agora tendes ferramentas para desenvolver essa vantagem.

    ResponderEliminar
  8. A mín persoalmente, encantoume.
    Quedei moi satisfeito, tanto pola parte estritamente educativa da conferencia, como pola parte que lle toca ó ameno e divertido que foi.
    Quedei tamén contento, pois sen dar nomes, este obradoiro foi capaz de motivar e abrir os ollos a un alumno que lle quitaba importancia a lingua galega, e pensaba seguido polo prexuizo.
    Pareceume un pouco breve, baixo a miña opinión debería durar un par de sesións máis, inda que como iniciación superou tanto as miñas ideas sobre este obradoiro, como as de todo o mundo co que falei del.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  9. PD: O libro está xenial!

    ResponderEliminar
  10. Parabéns pola êxitosa palestra e excelentes musicas que acompanham este fabuloso site. Cordialmente, Isaac

    ResponderEliminar
  11. Lorena García13/5/11 19:32

    jo...os alumnos de cuarto tamén deberiamos ter ese obradoiro parece que foi moi interesante e vese que tivo bastante éxito.

    ResponderEliminar