12/02/11

Unha lingua de amor



O 14 de febreiro é o Día do amor, o San Valentín, como todas e todos sabedes. Nós imos aproveitar a data para construír unha "lingua de amor". Unha proposta: ao longo da semana buscade na casa, na rede, nos xornais, en discos, na biblioteca... onde queirades, fragmentos en lingua galega que reflictan amor.
Logo deixádenos as vosas achegas nos comentarios, indicando de que obra o sacastes e quen é o autor. Non esquezades deixar tamén o voso nome e curso, porque ao que máis nos guste se cadra dámoslle un agasallo. Animádevos!!
Nós abrimos a rolda cun vídeo de Guadi Galego e uns versos de Xulio López Valcárcel, do seu libro Memoria de agosto:
"Chegaches, eras ti.
O que esperara tanto tempo.
O que sempre soñara sen sabelo".


18 comentários:

  1. marina martinez hermo 1ªB14/2/11 19:53

    Sonetonovela en sete tempos
    Quero ter rima e ritmo, cor e vicio,
    de morando maduro, de uva ou figo,
    para expresar: aquí tes un amigo
    aprendendoa querer, sempre un
    propicio.
    Bernardino Graña, Acendede as almenaras

    ResponderEliminar
  2. Lara Fernández Albardonedo15/2/11 13:19

    Por amor sángranme os pulsos
    e ábreseme o corazón.

    POETIZATE de Fran Alonso

    ResponderEliminar
  3. Aurora Paradela Dosil 1ºA15/2/11 13:20

    Meu corazón,branca vela,
    ronsel de adeuses espidos
    na noite da miña Terra.

    Manuel Fabeiro Gomez

    ResponderEliminar
  4. Isabel Burés Sóñora15/2/11 13:21

    Ese impreciso intre en que
    alguén se volve inseparable para ti.
    CORAZON DE CHOCOLATE de Jaureguizar

    ResponderEliminar
  5. Laura Bermudez15/2/11 13:21

    parece innecesario falar de amor, ás veces,
    para esquecer sen saña as bandeiras do odio
    ou as bágoas humildes de quen nn ten futuro
    e nin pedir perdón por ignorar que somos.
    (Marta Dacosta)

    ResponderEliminar
  6. Aaron Camino15/2/11 13:22

    O amor é un xogo no que ambos xogadores poden gañar.
    (Anónimo)

    ResponderEliminar
  7. Paula Correa Lorenzo 1ºA15/2/11 13:25

    Bendito sexa o porto e a cidade
    onde embarquei pra navegar contigo
    nun navío de amor e de saudade.

    Darío Xohan Cabana

    ResponderEliminar
  8. Rebeca García Pedrosa15/2/11 13:26

    Chove en Santiago
    meu doce amor.
    Camelia branca do ar
    brila entebrecida ao sol.
    Federico García Lorca.

    ResponderEliminar
  9. Damián Filgueira Fernández 1ºA ESO15/2/11 13:26

    Quero unha das túas miradas,
    para enmarcala cos meus
    recordos,
    para enterrala nos teus tesouros,
    quero todas as túas miradas,
    para saber que me amas,
    para vibrar ao son dos teus ollos,
    e non deixar de amarte.

    ResponderEliminar
  10. Manuel Ces Fiilgueira15/2/11 13:28

    Nuncase viu neste mundo
    máis feiticeira criatura,
    nin para gran fermosura
    comparación pode haber:
    por ollos ten dous luceiros,
    por dentes perlas dos mares,
    por greños raios solares,
    por risa...un bo mencer
    A virxe do cristal, de Curros Enriquez

    ResponderEliminar
  11. Víctor Canle García 1ºA ESO15/2/11 13:30

    Lembro
    sen volve-la cabeza
    aquel vestido raiado de cores
    que cubría en corpo feble.

    Antonio García Teijeiro

    ResponderEliminar
  12. Alex Blanco 1ºA ESO15/2/11 13:30

    Comería a túa alma
    coma quen come un ovo
    doce
    novo
    perfecto microcosmos no seu óvalo de nacre.

    Estíbaliz Espinosa

    ResponderEliminar
  13. xoel curras roo15/2/11 13:32

    Voa ben alto paxariño,
    vai procurar o meu amor.

    ResponderEliminar
  14. Iván González Vázquez15/2/11 18:00

    O amor é un delirio
    unha luz en silencio unha aventura
    o amor é unha mazá ardendo nos teus labios
    unha súbita locura
    un delicto este verso é unha condena
    o amor é un entroido que non cesa
    unha máscara divertida.
    Unha dor que te procrea
    un limbo un páxaro un olvido
    unha canción unha rosa un poema.

    ResponderEliminar
  15. Iván González Vázquez15/2/11 18:05

    en este ultimo olvideime de poñerlle o titulo e o autor e son:
    Xosé Carlos Caneiro
    A valga do triste amor

    ResponderEliminar
  16. Very intereresting reading. thx

    cialis

    ResponderEliminar
  17. Anónimo3/5/11 15:22

    Great work keep it coming, best blog on earth

    cheap cialis

    ResponderEliminar
  18. Anónimo3/5/11 15:36

    Just want to say what a great blog you got here!

    order cialis

    ResponderEliminar