EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

27/05/10



Outra novidade na nosa biblioteca.
O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago e a súa posterior veneración resultou, desde os primeiros tempos, un acontecemento para a Europa cristiá. Persoas de todos os países, clases e condición comezaron a peregrinar a Compostela movidos pola fe ou por outros intereses. A través das páxinas deste libro, os alumnos de primaria poderedes coñecer, de xeito divertido, que o Camiño de Santiago está formado por rutas incontables que constituíron ao longo da historia un lazo de unión entre os pobos europeos. O libro complétase cun entretido e interactivo CD, que ha facer que poñades a proba todo o que sabedes sobre esta interesante ruta.
Animádevos a ler sobre o Camiño e a xogar con el neste ano xacobeo. Non cansa tanto como andalo!

Sem comentários:

Enviar um comentário