26/05/10

'O mundo cai'


A Voleo entra a concursar no A Polo Ghit, coa canción O mundo cai, que nos describen como "construída sobre os esquemas do forró do Nordeste brasileiro. Neste caso, achegando unha maior contundencia sonora, con pingas mesmo de ska e trash metal, mais conservando o son do acordeón e o triángulo e mais o sabor característico do xénero"."Aproveitamos o feito de que compartimos unha lingua internacional, que chega até o outro lado do mar, onde moitos nordestinos son chamados 'galegos', para facermos este forró rebelde e á galega, 'noroestino', cunha letra que fala da actual Desorde Mundial, onde a insustentábel riqueza do primeiro mundo descansa sobre a necesaria pobreza da maioría da Humanidade e o tedio dos supostos beneficiarios desa riqueza ficticia".Forman o grupo Juan Antonio Vázquez, coa voz, guitarras, triángulo e máquinas, e mais a voz de Araceli Tzigane.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário