26/05/10

Manda nabo!!


Este é o simpático nome dunha empresa que ten a súa sede no Carballiño e que se dedica á produción e venda de camisetas con enxeñosos deseños e lemas tirados da tradición oral: os refráns, as frases feitas ou os xogos de palabras. Teñen ao redor de 40 modelos distintos para home e para muller. Os prezos andan ao redor dos 18 € e, se queredes mercar ou ver tódolos deseños, podédelo facer a través da rede na web www.mandanabo.com
Animádevos a mercar produtos galegos. Xa sabedes... "orgullosos do noso..."



Sem comentários:

Enviar um comentário