11/03/10

Libros e librarías


Segundo datos do Ministerio de Cultura o ISBN de libros publicados en galego aumentou un 25%.


A subsecretaria do Ministerio de Cultura, Mercedes Elvira del Palacio, destacou o aumento do ISBN (International Standard Book Number, en español o Número Estándar Internacional de Libro) de libros publicados en linguas cooficiais, de forma que os escritos en galego se incrementaron un 25 por cento. En euskera, catalán e valenciano aumentaron un 39, 12 e 10 por cento respectivamente.

A Coruña e Lugo, provincias con máis librarías por habitante.


As cidades de A Coruña e Lugo son as provincias do Estado con máis librarías por habitante. Segundo un estudo feito polo 11811, a cidade herculina conta cun estabelecemento libreiro por cada 2.878 habitantes. No caso da cidade amurallada é de unha libraría por cada 3.200 habitantes.

Por detrás da Coruña e Lugo sitúase Asturias, ao contar cun estabelecemento por cada 3.381 habitantes, seguida de Gipuzcoa (3.513); Bizkaia (3.580), Valladolid (3.598), Pontevedra (3.950), Girona (4.225), Navarra (4.319) e León (4.466).

O estudo tivo en conta as provincias con máis de 100 librarías e analiza o número, a distribución e chamadas a números de información telefónica sobre estabelecementos e grandes superficies de venta de libros no Estado.


Xa sabedes, hai que ler moito, así que a seguir mercando libros.

1 comentário:

  1. alegrámonos moito de que aumenten as vendas de libros en galego, xa que debemos defender o noso idioma, tanto na lingua oral coma na escrita.

    Noelia e Lorena 4ºA ESO

    ResponderEliminar