11/03/10

Coanhadeira en rede con 'Haique' e 'Po'

Gañadores do concurso folk internacional 'Escenario PRAU 2009', en Cantabria, o grupo ourensán presenta xa o seu segundo traballo discográfico.
Dicíaselle "coanhadeira" nalgúns recunchos do país ás persoas, ou á mesma vasoira empregada para separar e recoller os restos que quedaban na aira logo das mallas. A palabra acaeulles a un grupo de ourensáns para poñer a andar en 2006 o seu proxecto musical, segundo explican, tratando de recoller tamén "eses restos da malla que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis".

Nado como grupo de gaiteiros para armar festa, a formación musical clásica dalgúns deles mesturouse coa experiencia na música tradicional e folk doutros e non renuncian á experimentación: "Engádense instrumentos non tradicionais, e sérvese todo cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros engadidos".

Imos escoitalos

Sem comentários:

Enviar um comentário