10/03/10

Un empresario que vende en galego


Hipólito Bretón: 'Os produtos da nosa terra mellor vendelos na nosa lingua'.
A firma láctea ferrolá Queixos Hipólito etiqueta en galego todos os seus produtos dende hai dous anos. O seu fundador, Hipólito Bretón, explica que a outra marca do grupo, 'Hipólito Bretón', xa etiqueta parte dos seus produtos en galego e nunhas semanas prepara o desembarco dunha terceira firma, Granxa da Veiga, tamén integramente na lingua nai.

Dende cando presentan os seus queixos en galego?

Hai uns dous anos.

Por que tomou esa decisión?

Ao estar dentro dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa, empezamos a etiquetar en galego e unha vez que tivemos que facer unha nova tirada de material gráfico e de papelaría para os nosos produtos decidimos cambiar á nosa lingua. Facemos produtos da nosa terra e o natural é vendelos na nosa lingua. É moito mellor.

Que vantaxes tivo este cambio?

Para a nosa empresa e os nosos produtos o feito de presentar a etiquetaxe en galego non tivo nin vantaxes nin convenientes. Non notamos nada estraño por parte dos nosos consumidores e clientes. O 90 por cento da nosa produción distribúese e véndese en Galiza.

Sem comentários:

Enviar um comentário