EDL

EDL

09/03/10

Curso galego de chinés

Un curso galego de chinés, entre os máis valorados do mundo
O feito de ofrecer contidos en seis idiomas é un dos motivos do seu éxito, que fai que sexa unha das webs de aprendizaxe da lingua oriental máis visitadas.
O curso de chinés en liña Chinesecom.eu, impulsado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Xunta, confirmou o seu éxito ao ser unha das webs deste tipo máis visitadas do mundo, con máis de 23.600 dende novembro de 2009, e figurar entre as catro máis valoradas polo principal buscador da rede a nivel internacional. Ademais, é o único curso de chinés que existe en Europa que conta con tradución a unha lingua minoritaria, neste caso o galego. O proxecto Chinesecom desenvolveuse dentro do marco do programa europeo Lifelong Learning, no que participaron socios de seis estados europeos e mais a Universidade de Pequín. O seu éxito debeuse, entre outros motivos, polo seu carácter innovador e polos recursos multimedia dos que dispón.Tamén foi decisivo o esforzo realizado para a difusión internacional do curso. O proxecto ten dez unidades de aprendizaxe e información cultural e xeral sobre China. Dispón de traducións en seis idiomas: galego, castelán, inglés, francés, alemán e italiano, o que tamén contribuíu ao seu éxito, debido a que a meirande parte dos cursos da lingua asiática só están en inglés.
Hai alguén que opine que o galego non é unha lingua de utilidade? Cremos que é exactamente igual cás outras; ou non é o mesmo aprender chinés en galego cá en calquera das outras seis linguas? A diferenza está en que nós, como galegos, é lóxico que fagamos a aprendizaxe na nosa lingua materna. Opinade.

Sem comentários:

Enviar um comentário