EDL

EDL

10/03/10

Queremos Galego


Queremos Galego recollerá sinaturas a prol da lingua malia o freo do Parlamento á ILP.
Para a plataforma, o bloqueo á Iniciativa Lexislativa Popular é "unha mostra máis do medio que o PP ten a que a sociedade exprese o seu apoio á lingua".
A Plataforma Queremos Galego seguirá adiante co seu propósito de recoller sinaturas a prol da lingua galega entre a cidadanía, e farao logo de que a Mesa do Parlamento frease a iniciativa desta rede que agrupa a perto de 700 entidades sociais de todo o país. A Plataforma criticou este martes que a Cámara rexeitase a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) impulsada nos últimos meses, un texto co que se chamaba a garantir plenamente a posibilidade do uso do galego por parte dos cidadáns diante da administración, desenvolvendo o estabelecido na lei de normalización.
Teremos que estar atentos para colaborar coa nosa sinatura, vós que opinades?

Sem comentários:

Enviar um comentário