27/01/10

EuFalo.TV

O galego protagoniza un documental colaborativo na rede.
O novidoso proxecto recompila impresións arredor do idioma e está aberto a achegas de internautas.
Este martes saíu á web EuFalo.TV, un documental colaborativo sobre a lingua contada polos seus falantes. O proxecto parte dun conxunto de producións en vídeo rodadas durante os últimos meses e distribuídas segundo as súas temáticas: vivencias persoais, temas concretos ou documentais sobre zonas concretas, como as áreas urbanas de Vigo ou da Coruña.O carácter participativo da web fai que tamén estea aberta a recibir gravacións ou ideas de persoas anónimas que queiran compartir a súa experiencia arredor da lingua. En calquera caso, a intención dos seus creadores é que cada quen tire as súas propias conclusións. A web está desenvolvida mediante software libre e con licenzas copyleft, que permiten a difusión e reprodución dos vídeos sen restricións.A idea de EuFalo.tv parte do equipo A navalla suíza, formado por María Yáñez, Óscar Otero, Álvaro Gómez, Berto Yáñez e Xabier Cid. A web contou co apoio de colaboradores como Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros.

Sem comentários:

Enviar um comentário