27/01/10

Nuria Díaz gaña o Premio Pura e Dora Vázquez


A autora foi premiada pola serie de 10 imaxes no texto de Xoán Babarro Palabra era un universo paralelo, gañador do premio literario do mesmo concurso.
Nuria Díaz usou para este traballo as texturas como recurso principal até crear o mundo máxico que ofrece o autor da obra. A dotación económica do certame é de 3.000 euros e a Deputación de Ourense procederá á edición da publicación que se utilizará na campaña de animación á lectura desta institución. TraxectoriaA debuxante arousá ten participado con ilustracións e cómic en diversos concursos autonómicos, así como nas webs www.jpgproject.com e http://www.anosaterra.org/nova/www.chapapote.org e no fanzine Despregable.
Participou nas exposicións: Exposición do colectivo “Preguntameloami” na Sala de exposicións da Escola de Restauración, Pontevedra (2005); Mostra de Arte Digital “Delirium” no Café Tetuán de Cambados (2005). Mostra de pintura “Tipos” no café La Marina de Villagarcía de Arousa (2006).

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário