EDL

EDL

25/01/10

Quen é Ali Guayre Dieng Dieng?




FÚTBOL CON S DE SENEGAL

Esta é a historia do noso compañeiro de equipo e “pichichi” este ano, Ali Guayre Dieng Dieng, máis coñecido como Ali (coa sílaba tónica no A). Se visitades a páxina web da agrupación: http://www.advsantiago.com/, veredes que o noso compañeiro está dúas veces apuntado, e os seus apelidos aparecen catro veces, pero todos diferentes: Diang, Diame, Dieg, Digagn, etc. Ben, un cachondeo, como nos saiamos dos García e Rodríguez, imos de cu (con perdón).

Volvemos coa historia do noso amigo:

Ali é de Senegal, naceu hai trinta e tres anos na cidade de Saint Louis, ao norte de Dakar, a capital. Fillo dun funcionario do Estado, o cal garante un salario medio alto, é o maior de seis irmáns, tres homes e tres mulleres. Como ocorreu con outros dos seus veciños, ao ser o maior, ten que emigrar pois o salario do seu pai non abonda. O estar casado e ter dous fillos tamén aumenta o problema.
No ano 2006 chega a España; entra por Tenerife, onde permanece uns meses e viaxa a Italia, máis concretamente á cidade de Milán, onde bota ata o principio de 2008 que é cando uns compatriotas o chaman e chega a Noia.
Non sabe case nada de español, moito menos de galego, pero o seu amor polo fútbol e o seu carácter extravertido fai que se relacione con xente e comece a adestrar co Lesende. Como é amante do fútbol (recoñece que lle gusta o Barça), comeza a ir a un bar de Noia ver os partidos e ler os periódicos deportivos. É alí onde coincide con nós e tras unha proba nun adestramento, fichámolo en febreiro dese ano.
Ali chegou a xogar no seu país en dous equipos nunha liga semellante á nosa: 2ª división. Primeiro xogou no Asdagana e logo no Rao.
Aquí o fútbol é máis técnico ca en Senegal, onde é máis físico. Os campos na súa maioría son de terra.
Ali séntese moi integrado cos compañeiros do equipo no que xoga, aínda que recoñece que a crise complica moito a busca dun traballo. De todos os xeitos, lembra con cariño como o ano pasado o equipo, ao comezo, non gañaba ningún partido, pero ao final gañounos todos e puidémonos manter na mesma categoría.
O que máis lle sorprende nesta liga é que hai xogadores veteranos cunha calidade moi grande.



Juan Peña Barreiro




2 comentários:

  1. Grazas por publicar a nosa reportaxe "ipso facto". iso é celeridade e non a do poder xudicial. Xa sabedes, cando queirades avisades...
    Recordos para os amig@s, alumn@s da Silva.
    Ah, tendes que colgar algunha foto do partido de final de curso do ano pasado, ou non hai nada?...

    ResponderEliminar
  2. eu penso que por ser extranxeiro ten os mesmos dereitos que nos tanto na vida cotiá como no equipo.Sempre e agradable recibir xente extranxeira xa que asi o galego é coñecido noutro paises.

    ResponderEliminar