03/12/09

Fenosa a un cliente: "O me habla en castellano o acabamos la conversación"

O Movemento Polos Dereitos Civís recibiu onte as gravacións solicitadas ante a Axencia Española de Protección de Datos que a compañía Unión Fenosa declinara enviarlle. A entidade decidiu facer público o contido dos arquivos de audio para denunciar o "maltrato" dado pola compañía eléctrica a un usuario. Na gravación, unha operadora de Unión Fenosa esixe que se lle fale en castelán cando se lle pide copia das gravacións e négase a comprobar unha avaría.
Os feitos producíronse en novembro do ano pasado, cando un veciño da urbanización A Ramallosa, no municipio coruñés de Teo, chamou ao teléfono de atención ao cliente para informar dunha avaría que deixara sen luz a 50 familias. A operadora negouse a comprobar a deficiencia asegurando que se trataba dun corte programado.
Unión Fenosa negouse tamén a informar de como conseguir copias das gravacións telefónicas para facer unha reclamación contra a empresa. Ademais, os operarios cortan dúas das conversas colgando o teléfono e néganse a pasar a chamada con un superior do servizo.
Estas gravacións foron obtidas despois de un ano e tras unha reclamación á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). Fenosa tamén intentou non enviar as gravacións cando llo requiriu a AEPD. O colectivo censurou a "mala" actuación de Fenosa, "xa que a lei recolle todo o relativo ao acceso a este tipo de conversas", sinlararon fontes do colectivo.
Opinade!

3 comentários:

  1. esto non è normal,deberian de kastigalos!!!porke esto e maltrato psicológico!!non ten xeito!!!!!claudia!!k pases feliz navidad, un bko de naty e keiro!!

    ResponderEliminar
  2. Que sinverjuenzas os de FENOSA, dicirlle eso a un cliente...
    Aproveito pa darlle un saudo a Claudia e darlle as jrasias por levar tan ben o blog. FELIS NAVIDÁ A TODOS!!

    ResponderEliminar
  3. Eu barbara tamen estou deacuerdo con todos os meus conpañeiros,e unha groseria o que fixeror¡uf!non pode ser.¡¡feliz ano claudia!!

    ResponderEliminar