O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, reivindicou hoxe a figura de Eduardo Blanco Amor, do que dixo que, ademais de ser un gran literato, foi unha persoas que «sufriu a marxinación e un lategazo á súa persoa». O titular de Cultura fixo esta defensa de Blanco Amor esta mañá á súa chegada a Ourense, onde asistiu á celebración do 30 aniversario da morte do escritor.
Durante a súa visita ao cemiterio de San Francisco, Varela asegurou que é «un momento moi especial», pola vida no exilio levada polo escritor, e agradeceu o acto realizado en Ourense, «nunha cidade moi vinculada á literatura» de Blanco Amor.
O acto, organizado por Pen Clube de Galicia, coa concellaría de Cultura de Ourense, contou tamén coa asistencia do presidente de Pen Clube Galicia, Luis González Tosar, o subdirector da Editorial Galaxia, Carlos Lema, ademais do presidente da Deputación, José Luis Baltar, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e representantes do mundo da cultura.
Tosar recordou o xesto de Blanco Amor durante os seus últimos instantes de vida, o de colocar coa man dereita as súas lentes antes de morrer, por mor dun infarto de miocardio.
Tamén se pronunciou sobre a condición de homosexual do poeta, «con corazón de ouro e sensibilidade extraordinaria», e instou ao conselleiro a que «desde a súa posición axúdenos a romper con esa infame e necia conxuntura de silencio dun gran escritor», que representaba e representa unha figura «incómoda» pola súa condición homosexual.

Sem comentários:
Enviar um comentário