Co anuncio da desaparición do Cultur.gal, que este ano tiña previsto o seu paso pola cidade da Coruña, un grupo de persoas reclamou á Concellería de Cultura do Concello da Coruña a súa recuperación. Este departamento fíxose eco desta reclamación e apoiou a proposta de organizar unha feira da cultura galega na cidade herculina que terá lugar esta fin de semana –28 e 29 de novembro– en Palexco e o Kiosko Alfonso baixo a denominación de 'Achegarte'.
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário