Kosmogonías é o quinto traballo de Berrogüetto co que viaxe ao seu punto de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria. Este quinto traballo no que Xabier Díaz pon a voz en clave masculina, é unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto no que a agrupación reúne todas as vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar o seu entorno.
Berrogüetto presentará en 2010 o seu quinto disco, 'Kosmogonías' do que dará a coñecer mañá en www.mundo-R.com o single 'Danza de Meirol'. A canción poderase descargar de balde nesa dirección.
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário