28/11/09

Dous aniversarios para a prensa en galego


Sorteando a crise económica que golpea os medios de comunicación escritos, a prensa non diaria está de celebración. A Peneira cumpre 25 anos e chega ao número 500 cunha edición especial. Pola súa banda, a revista Tempos Novos vén de publicar o número 150, reafirmando o seu compromiso fundacional de independencia, análise e compromiso intelectual.

1 comentário:

  1. Alégrame moito que un xornal da miña comarca como A Peneira, froito do empeño e do traballo dun mestre de escola preocupado pola cultura e que comezou con tantas dificultades, lograla superalas e chegar ao número 500. Noraboa a tódolos implicados nesta empresa e grazas por informarnos e facelo en galego.

    ResponderEliminar