A lingua das bolboretas de Manuel Rivas, orixinalmente un dos relatos incluídos en Que me queres, amor? (Galaxia, 1995), Premio Nacional de Narrativa e punto de partida para o filme homónimo de José Luis Cuerda, será a primeira obra española traducida ao portugués e o tetún, as linguas co-oficiais de Timor Leste. Empregarase como libro de lectura para todas as escolas de educación primaria da república democrática, ex colonia portuguesa.
Dentro do proxecto educativo desenvolvido pola Universidade da Coruña neste país, membros do proxecto Bolboreta, ao comprobar as necesidades de libros de texto nas aulas de Timor, idearon levar a cabo esta iniciativa e incorporala o currículo escolar.
Segundo Laura Sánchez, membro do proxecto Bolboreta e secretaria da Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada (ALGA), trátase da primeira publicación española traducida ao idioma de Timor Leste. “A iniciativa ten unha gran simboloxía para Galicia”, considera, ao mesmo tempo que destaca a “perfecta adecuación” da obra coa “educación” do país.
De momento, a edición bilingüe do relato de Rivas irá dirixida a nenos que cursen educación primaria, pero “non se descarta”, di López, estender o seu uso á educación secundaria ou mesmo á formación de adultos.

Sem comentários:
Enviar um comentário