02/11/09

Como se constrúe unha zoadeira

Abordamos esta semana , seguindo a serie que se publica semanalmente, a construción dun instrumento musical que novamente ten distintas denominacións no país. Desde o punto de vista clasificatorio, as zoadeiras son unha clase particular de aerófonos –o aire contido nun tubo é posto en vibración mediante lingüetas ou polos beizos do propio tocador– que non precisan de cavidade para emitir o seu son, polo que en particular está na categoría dos aerófonos libres. Outros instrumentos que tamén están na categoría dos aerófonos son por exemplo as filharmónicas, o acordeón, os asubíos, os apitos, os chifres, as frautas, os pitos, a caramela e, por suposto, as gaitas de fol.
Igual que nos instrumentos musicais de pasadas semanas completamos esta información escrita cun vídeo onde se poden seguir os pasos para a construción dunha zoadeira. Estes materiais audiovisuais están dispoñibles tanto no portal do proxecto Ronsel –http://ronsel.uvigo.es– como na canle creada en youtube co nome ProxectoRonsel. Os capítulos anteriores pódense consultar tamén na web de Xornal de Galicia en www.xornal.com.
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário