“O cinema do noso país é unha aposta importante para Cineuropa non só dende o punto de vista do cine senón tamén dende o punto de vista político”. Con estas palabras a tenente de alcalde de Santiago, Socorro García, presentaba hoxe o ciclo de Audiovisual Galego do tradicional festival compostelán.
Cineeuropa terá máis películas nesta edición, 150 pezas, e prolongarase até o 2 de decembro. Arrancará o mércores con A Cinta Branca, gañadora da Palma de Ouro de Cannes este ano. Malia incorporar gran parte do palmarés de festivais de elite de Berlín e Cannes, o certame compostelán deste ano aposta nesta edición especialmente polas obras do país.
Comentade!
Sem comentários:
Enviar um comentário