‘Galiza co Galego’ púxose en marcha no mes de abril co obxectivo de crear un movemento de apoio efectivo o ensino en galego, de xeito que se poida exercer o dereito a unha educación na lingua propia. Os seus promotores defenden un ensino laico, de calidade, pluralista e democrático, ao servizo da sociedade, independente das decisións políticas.
O vindeiro 5 de decembro constituirase na Coruña a Comisión promotora de ensino ‘Galiza co Galego’ para lograr o apoio económico e social para a súa Rede Popular posta en marcha hai meses.
Opinade!
Gracias por publicitardes esta plataforma a prol da lingua, que como as demais que se crearon é a de todos os galegos que queren vivir con normalidade no seu idioma. Todos facemos falta, que se nos oia. Un saúdo dende A Coruña
ResponderEliminar