09/11/09

A arte galega analiza as dúas últimas décadas

Diversos representantes do ámbito da arte en Galicia consideran que fai falta máis colaboración, diálogo e relación entre artistas, institucións, fundacións, galeguistas e coleccionistas para comezar a “funcionar como sector” e potenciar a arte galega cara ao exterior. Nunha mesa redonda celebrada na Fundación Caixa Galicia de Pontevedra sobre 20 anos de arte galega, o fotógrafo Vari Caramés, a galeguista Asunta Rodríguez, a profesora Almudena Fernández, o crítico David Barro, o coleccionista José Blanco e o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle, analizaron a evolución nas últimas dúas décadas.
Os relatores coincidiron en que Galicia, polo seu nivel de riqueza, está “moi por encima” doutras comunidades en número de infraestruturas. Segundo David Barro, “todas estas infraestruturas e fundacións ben organizadas terían unha maior significación”. Así, destacou a existencia do Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, o Centro Galego de Arte Contemporánea, as Fundacións Luís Seoane, Pedro Barrié da Maza, Caixa Galicia e Caixanova, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Auditorio de Galicia ou o Museo de Pontevedra. “Estamos na periferia da periferia”, afirmou Carlos Valle, quen se referiu a este último como “o museo provincial máis grande de España e un dos máis grandes en termos absolutos”. Ademais de impulsar a Bienal de Arte de Pontevedra e o certame Novos Valores, o Museo de Pontevedra é un “referente ineludible para a reflexión e a arte”, segundo o seu director.
Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário