A exposición Cara ao paraíso, a cuarta mostra do ciclo Miradas, organizado por Caixa Galicia na súa sede compostelá, propón unha reflexión artística entre a arte galega contemporánea e a vangarda internacional. O comisario da exposición, Fernando Castro Flórez, asegurou nunha rolda de prensa que a mostra, na que se poden contemplar obras de artistas galegos como Lugrís ou Vilariño e de mestres internacionais como Chagall, Braque, Dalí ou Piccaso, é “unha viaxe á intensidade das emocións”.
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário