09/11/09
50 anos de Astérix tamén en galego
Agora Astérix volve conquistar Galiza ao aparecer unha nova entrega en galego. Tivo que ser froito, desta volta, de continuas demandas. Como as do IES Brión, xunto con miles de adhesións engadidas e o apoio da Mesa pola Normalización Lingüística, que se fartaron de lle chamar a atención á editorial Salvat-Bruño para que este cómic volvese falar no galego que lle aprendera Eduardo Blanco Amor, alá polo 1978, grazas á mediación de Fernando Arenas, un libreiro coruñés que adquiriu en Frankfurt os dereitos para a lingua de Pondal, Curros e Rosalía.
Que pensades?
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
viva asterix!!! estes debuxos son moi bos, a min fixeronme rir moito.
ResponderEliminar