12/11/09

A arte feminina contra a violencia de xénero


O proxecto 'En Feminino', no que participan as artistas plásticas galegas, Rebeca Ponte, Mónica Pan, Belén Cossío-Gallego, Lara Pintos, Noelia Buján será presentado ao público o vindeiro 25 de novembro na Sala Francesca de Lleida, abrindo unha xornada de repulsa contra a violencia ás mulleres organizada polo Concello de Solsona, o Consell Comarcal do Solsonés e a Asociación de Mulleres e Teixit Rural. As cinco creadoras amosan con estilos diferentes a imaxe da muller e os seus novos roles na sociedade.

Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário