A Biblioteca Virtual 'Bivir' da Asociación de Tradutores Galegos ampliará os seus fondos con nove novos títulos grazas a un acordo firmado hoxe coa Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, entidade dependente da Xunta que achegará 15.000 euros para traducir ao galego as obras seleccionadas.
Esta biblioteca forma parte dun proxecto da Asociación de Tradutores Galegos que comezou no ano 2000 coa finalidade de recompilar un conxunto de textos claves da literatura universal en idioma galego e poñelos á disposición dos lectores interesados en formato electrónico.
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário