12/11/09

Milladoiro celebra os 30 anos cunha xira galega


Baixo o nome de Desde Maeloc, a xira levará a Milladorio a Lugo (30 de novembro), Ourense (19 de decembro) e A Coruña (20 de decembro). Nestas actuación participarán todos os músicos que pasaron pola banda e seguen en activo como Rodrigo Romaní, Laura Quitillán ou Roi Casal.
O gaiteiro Pepe Ferreirós adiantou na presentación da xira que todos os recitais contarán cunha sorpresa “especial” e que o repertorio incluirá temas do seu último disco e os “clásicos máis populares” dos 20 discos que editaron ao longo das tres décadas de traxectoria.

Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário