06/05/09

Ramón Lorenzo, galego egrexio do ano


O xurado, presidido por Xosé González Martínez, contaba con Benito Montero Prego, Carlos Varela, Luís García Mañá, Carlos Núñez Pombo e Xesús Ferro Ruibal como vogais, e Manuel González González como secretario. Escolleron como galego egrexio a Ramón Lorenzo Vázquez polo seu "inquebrantábel compromiso coa lingua e a cultura galega", o seu "traballo modélico no ámbito da filoloxía medieval galega" (Lorenzo encargouse das edicións críticas da Traducción Gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla ou da Crónica Troiana), o seu labor docente na USC, e o seu esforzo "por difundir o coñecemento da lingua e da cultura galegas fóra das nosas fronteiras, e de maneira moi especial no ámbito da romanística internacional". Opinade!

Sem comentários:

Enviar um comentário